Etiquetas

13/4/12

Unha pequena aportación para iniciar esta aventura...


                                            LINA

Dende o seu casual primeiro encontro, convertíranse en inseparables. O seu pequeno mundo era suficiente para atoparse a gusto e percibir sensacións ata ese momento descoñecidas.
Lina, como todos a coñecían aínda que o seu verdadeiro nome era Adelina, tiña once anos. Era unha nena moi espelida, vivaracha e audaz, a pesares da escasa comunicación que podía manter cos seus semellantes. Esto sucedía porque os demais non estaban dispostos a adicar tempo a mirala, senón daríanse conta de que a través dos seus expresivos e celestiais ollos, ela era quen de amosar os máis sutís sentimentos.
Atopáranse unha radiante tarde  primaveral na que Lina saíra a refuxiarse no seu lugar preferido, unha frondosa fraga que había preto da súa casa. Os outros rapaces da aldea xogarían, coma sempre, ó fútbol e as rapazas sentarían no banco da fonte que había xunto á igrexa a falar das súas cousas. Lina sentía que era un estorbo, así que o mellor sempre era desaparecer. No seu lugar secreto sentíase feliz.
Lina corría ledamente tratando de seguir no seu vó a unha multicolor bolboreta  que parecía xogar con ela.  Canso de revolotear, o espectacular insecto pousouse na ramiña duns arbustos e cando Lina se aproximou, para apreciar máis de cerca a súa beleza e contar todas as súas cores, advirtiu que ó outro lado se atopaba un desmesurado home, totalmente abstraído, sentado debaixo dun carballo e apoiado no seu tronco.
Aínda que Lina se acercou, o home parecía non saír da súa abstracción.
Tiña un aspecto bastante desaliñado e a expresión da súa faciana era dunha profunda tristura. Semellaba que o seu interese pola vida xa facía tempo co abandoara. Apoiaba a súa enorme cabeza nunha das súas descomunais mans e coa outra facía riscos no chan.
Levantou os seus ollos e Lina percibiu na súa mirada unha inhumana soidade, moito máis do que ela xamais sentira.  Nese mesmo intre douse conta de que sempre poderemos atopar alguén atrapado nun sufrimento maior có noso.
Ó ver que aquela fermosa rapaza se acercaba, o home estranouse. As veces que se atopara accidentalmente con alguén sempre ocorría ó mesmo: berros, carreiras,……. medo, angustia….El só pretendía poder manter unha pequena conversa con outro ser humano! Oh, Dios!! pedía tanto?
Lina observaba os debuxos que o home fixera no chan mentres el lle preguntaba o seu nome. A rapaza non respondía. Parecía ausente. Quizais o medo a paralizara e enmudecera, foi o primeiro que pensou.
Con todo, a nena sentou ó seu lado. A proximidade dun ser humano era algo bastante descoñecido para el e dubidaba que facer. Tiña medo de que algún xesto ou movemento asustara á rapaza así que permaneceu quieto e calado, esperando non sabía certamente o que.
De súpeto sentiu o calor dunha man que trataba de acariñar dulcemente a súa. Esa sensación non a esquecería nunca. O seu corazón, ata o de agora endurecido coma unha pedra, dou un brinco no seu peito e parecía emprender un aloucado galope. Endexamais ninguén lle fixera sentir tanta tenrura. As súas miradas entrecruzáronse e un leve sorriso apareceu nos seus beizos. O home comprendeu que non sempre son necesarias as palabras, que podemos expresar sentimentos moito máis profundos con tan só unha mirada, un sorriso, unha caricia… Unha bágoa deslizábase paseniñamente pola súa face. Facía tanto que non era sequera capaz de chorar!!
Lina pasoulle o seu diminuto dedo pola cara para secar a súa bágoa e nos seus ollos o home poido ler unha mensaxe: “Nunca máis estarás só, eu serei a túa inseparable compañeira”.
Sempre que tiña tempo, Lina corría á fraga para atoparse có home. O lugar de encontro sempre era o mesmo, o carballo onde un día se coñeceran.
Tódolos animais da fraga eran ledos testigos da súa amizade e compartían con eles deliciosos momentos. Non facían falla as palabras. Lina non as escoitaba e a duras penas as pronunciaba, pero non eran necesarias; ela podía expresar moito máis cos seus ollos, coas súas mans, coa súa tenrura e aquel inmenso home percibía todo o que ela lle manifestaba grazas ó xigantesco corazón que posuía.  


UN FERMOSO E TENRO COMEZO, GRAZAS A JULIA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario