Etiquetas

14/5/13

Bubú o aventureiro.


BUBÚ O AVENTUREIRO

En tempos da pedra, en momentos que non estabas ti, nunha caverna vivía, un meniño chamado Bubú. 

Bubú era un cromañón pequeño e forte que cando se aburría facía unha das súas escapadas en busca de aventura, así que decidido foi escalar unha montaña onde ó chegar arriba atopouse cunha serpe das malas, malísimas e gordas, gordísimas. 

Naquel intre tiroulle unha pedra con tan boa puntería que a rematou instantáneamente. Bubú non podía crer a súa sorte e decidiu ir a celebralo na caverna dos seus pais. 

Como a viaxe de regreso era moi longa e perigosa, Bubú tiña medo, pero armouse de valor e marchou coa serpe nunha bolsiña de pel de cebra que lle regalaron os seus país xunto cunha lanza moi ben afiada, e menos mal, porque de súpeto encontrouse un mamut ferido ó que non se atreveu a matar porque viu o seu propio reflexo nos seus ollos e deulle pena. Decidiu cúralo e levouno consigo, ademáis, serviulle para moito.

Logo seguiu a viaxe montado no mamut que estaba en débeda con él por salvarle a vida. De repente un sable apareceulles diante, queríaos comer!. Bubú baixou do mamut e tirou del para que fora máis rápido ya que a súa ferida non curara de todo. Os dous compañeiros lograron despistar ao sable e cando ó fin chegaron á caverna dos seus país, viron que estaban rodeadas de hienas famentas que encanto cheiraron a bolsiña de Bubú tiránronse a por ela. Bubú lanzoulles a serpe venenosa que cría xa morta e que en realidade estaba inconsciente. Encanto se viu libre e atacada polas hienas, mordeunas e acabou con elas.

E así é como remata esta aventura: Bubú sen serpe; os país cunhas boas pezas para asar; comen o asado; a Bubú regálanlle outra bosiña de pel cunha caracola dentro: e coas cinzas da leña decoraron as paredes da súa caverna coa incrible aventura do seu pequeno gran Bubú.

Haaah, por certo, agora xa non eran tres, senón que tiña unha nova mascota: Berni o mamut.

                        Cristina Sanz Acuña   (4º primaria) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario